Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Identificado un veciño de Redondela logo de romper os retrovisores de oito vehículos

RR_Noticias

A Policía Local identificou onte a F.C.L. un mozo de 29 anos como presunto autor dun delito de danos a un total de oito vehículos estacionados nas rúas Subida a estación, Adro e Carballo. Está previsto proceder a súa detención unha vez os propietarios dos turismo afectados presenten denuncia. Tamén onte axentes da policía detiveron a un condutor en Chapela e veciño desta parroquia que circulaba baixo os efectos do alcol.

O primeiro dos sucesos tiña lugar na madrugada do domingo cando logo de recibir unha chamada alertando da presenza dun individuo que estaba causando danos en vehículos aparcados nas rúas Subida a Estación, Adro e Carballo, unha patrulla desprazouse ao lugar e lograba identificar ao presunto autor. Trátase de F.C.L. de 29 anos de idade e veciño de Redondela. O mozo podería ser detido nas vindeiras horas logo de que os propietarios dos vehículos afectados presenten a denuncia correspondente.
A policía detiña tamén onte a un condutor, M.A.P.V. de 51 anos de idade veciño de Chapela logo de sorprendelo ao volante dun Audi A4 con evidentes signos de embriaguez. Os feitos producíronse ás 5:30 horas cando unha patrulla observou este vehículo que circulaba pola Avenida de Vigo dando bandazos e invadindo o carril contrario polo que lle deron o alto. O condutor foi sometido á proba da alcoholemia dando positivo cunha taxa de 0,68 polo que se procedeu a súa detención acusado dun delito contra a seguridade do tráfico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará