Ernestina Otero, María Barbeito, Francisca Morlán, Enriqueta Otero e Antonia Ortiz son protagonistas do acto que esta tarde se celebra ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Unhas profesionais adiantadas ao seu tempo que tiveron que enfrontarse á represión franquista e loitar para poder exercer a docencia. Previamente celebrarase unha ofrenda floral no cemiterio de Os Eidos.
O Multiusos de Redondela acolle esta tarde un acto na honra das mestras que loitaron por ensinar e que estará centrado na figura da redondelá Ernestina Otero. A actividade, organizada polas Xuventudes Socialistas arrancará ás 19:30 no cemiterio de Os Eidos cunha ofrenda floral e continuará ás 20:00 horas cunha charla no Multiusos. O evento, enmarcado dentro da campaña en materia de igualdade que está levando a cabo as xuventudes do PSOE, centrarase na figura da mestra e pedagoda redondelá Ernestina Otero cuxo aniversairo secelebra o vindeiro 23 de outubro. Falarase tamén das figuras da impulsora da reforma educativa María Barbeito, da mestra Francisca Morlán defensora da escola rural, da especialista en ensinanza a xordomudos Enriqueta Otero e da primeira inspetora de educación de Galicia, Antonia Ortiz. Todas tiñan en común un plantexamento educativo novidoso para a época como a coeducación, o laicismo, o estudo individualizado… e sufriron por isto a represión do franquismo coa apertura de expedientes, traslado ou xubilación forzosa. No acto participarán en representación das Xuventudes Socialistas o seu secretario Aitor Bouza asícomo as responsables de Igualdade Patricia Rodríguez Calviño e Anabel Rey. Aproveitarase para facer a consulta cidadá sobre a educación pública. Tamén intervirán Mercedes Rosón Ferreiro (subdirectora da Área de Cultura do Vicerrectorado de Extensión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela e responsable da Fonoteca Universitaria dende 1991) dando un enfoque do ensino na época e a relación da muller nel e Manuel Puga Pereira (presidente do Consello Social da USC, licenciado en Ciencias Biolóxicas e Farmacia pola USC e doutor en Ciencias pola mesma universidade) como familiar, gran coñecedor e escritor de Ernestina Otero Sestelo.