Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A tixola polo mango no Multiusos

RR_Noticias

Teatro do Noroeste chega a Redondela este sábado para representar a obra “A tixola polo mango (Muller, non é para tanto)” dentro do programa Outono teatro que organiza a Concellería de Cultura. A actriz Luma Gómez leva o peso deste monólogo escrito expresamente para ela por Lola Correa.

Un monólogo gastronómico de consecuencias irreversibles, en palabras da propia compañía, no que a actriz traslada ao público, mentres cociña en directo, as súas inquedanzas, os seus temores, falas das persoas coas que se relaciona no día a día, reflexiona sobre si mesma, pero todo con moito humor. Unha actuación que terá lugar ás 20:00 horas do sábado no Multiusos da Xunqueira. A entrada ten un prezos de 4 euros para o público en xeral, prezo reducido para xubilados e estudantes que deberán abonar 2 euros.  

Luma Gómez actriz
Explica o argumento da obra
Un monólogo cómico
Unha única actriz leva todo o peso da actuación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará