Os de Teixeira pagaron caro a súa falta de acerto na primeira parte malia unha grande reacción no segundo tempo. O partido, disputado no pavillón de Chapela rematou co resultado de 29 goles para os locais e 31 para os visitantes, os andaluces de Pozoblanco. Derrota tamén para a SAR que na competición ligueira caía ante o Cisne nun encontro disputado en Redondela que rematou co resultado de 18-24.
O equipo de Chapela non foi quen de remontar ante os andaluces. Unha primeira parte na que os de Chapela so anotaron catro goles en vinte minutos chegando ao descanso cun marcador en contra de 8-14. Unha vantaxe que pesou moito sobre os de Fran Teixeira que malia unha gran reacción logo do descanso non foron quen de remontar. Iso si, o marcador final de 29-31 amosa ese bo xogo dos locais na segunda parte do partido.
O Solla&Cía despídese polo tanto da Copa do Rei e retoman na vindeira fin de semana os seu compromisos ligueiros. Desprázanse á casa do lider o Barcelona B.
SAR Plastic Omnium
Si houbo competición ligueira esta fin de semana para a Sar, equipo que caía ante o Cisne por 18 goles a 24. Os de Redondela son sextos e xogarán na próxima fin de semana no campo do Pontevedra.
Pouco aguantou a Sar a visita do Cisne que a partir do primeiro cuarto de hora de partido deixou patente a súa superioridade. O conxunto redondelán conseguiu levar a iniciativa nos primeiros minutos do encontro disputado na bomboneira ante 150 espectadores, pero o Cisne remontou para cegar ao descanso cunha vantaxe xa de seis goles. Na segunda parte os pontevedreses administraron o xogo ata chegar ao final cunha marcador de 18-24 que lles aseguraba a vitoria.