Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela cae ante o líder

RR_Noticias

A Solla &Cía Chapela tiña esta fin de semana unha cita difícil e nada puido facer ante un rival superior, o filial do Barcelona. O encontro rematou co resultado de 36-28 afianzándose os azulgranas como líderes da categoría e relegando ao Chapela á decimocuarta posición. A SAR lograba unha importante vitoria ao vencer ao Pontevedra por 24 goles a 30.

Os de Fran Teixeira non puideron cun Barcelona cuxa superioridade quedou patente dende o inicio do encontro. En todo momento os azulgranas foron por diante no marcador. Os últimos dez minutos da primeira parte foron definitivos xa que os de Chapela relaxáronse en defensa e o Barcelona logrou unha vantaxe de sete goles que os redondeláns non foron quen de remontar, rematando o partido cun marcador de 36 goles a 28 a favor dos locais que se manteñen como líderes indiscutibles na categoría. Mal lle van as cousas ao Solla & Cía Chapela en División de Honra B xa que logo da derrota desta fin de semana sitúanse nun dos últimos postos da táboa tendo por diante ademais outro partido complicado, a próxima cita será na casa, recibirán ao Benidorm, equipo que ocupa a terceira praza.
O Solla&Cía debe comezar a sumar puntos xa que son penúltimos, unha posición moi perigosa para o obxectivo do equipo que é manter a categoría.
Pola súa banda a SAR acadaba esta fin de semana unha importante vitoria na súa visita ao campo do Pontevedra. Lograba facerse cos punto en xogo nun partido que remataba co resultado de 24-30. A SAR sitúase no sexto posto da categoría e recibe na vindeira fin de semana na Bomboneira ao Seis do Nadal
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará