O responsable de vías e obras lembra que este centro educativo carecía de conexión á rede de abastecemento público e dependían dunha traída de auga privada. Os traballos consisten na instalación dunha canalización de 800 metros de lonxitude dende a rede xeral ata o colexio de Vilar de Infesta.
O Colexio de Porto-Cabeiro e o pavillón de Vilar terán nuns días abastecemento de auga da rede municipal. Así o confirmou o concelleiro de Vías e Obras Candido Vilaboa logo de visitar a actuación que se está a realizar en Vilar e que consiste en ampliar a rede de conducción da auga dende a estrada nacional ata o colexio público de Porto-Cabeiro “que por moi incrible que parece non tiña abastecemento dende a rede municipal e tiñan que ser os veciños dunha traída privada os que lle estivesen dando auga para o seu normal funcionamento”.
As obras que se están a acometer están sendo realizadas por operarios municipais que están colocando 800 metros de tubería ata chegar o Colexio e o pavillón que ademais de úsalo o Colexio está sendo utilizado por distintos equipos deportivos que adestran nesas instalacións.
Vilaboa engade que “estas obras tamén benefician os veciños da zona, xa que unha vez rematadas todos eles poderán conectarse si o estiman necesario a rede de abastecemento municipal de auga”.