O deputado redondelán, Alberto Pazos asegura que o centro de día será unha realidade en breve “logo de anos de atrasos malia que o PSOE prometera xa esa infraestrutura no 2007”. Adiantaba que esta mesma semana a Conselleira de Traballo e Benestar Social Beatriz Mato será a encargada de achegar datos concretos sobre “a onde van parar os 400.000 euros que os orzamentos da Xunta destinan a infraestruturas sociais” no noso Concello.
Pazos explicaba que esa partida está dividida en 150.000 euros que se investirán en dotación mobiliaria e equipos e 250.000 euros que se van investir na construcción de novos edificios sociais, pero rexeitou especificar máis esa información á espera de que “esta mesma semana a Conselleira explique polo miúdo a onde van parar esas partidas”. O deputado redondelán aproveitou para rexeitar as críticas emitidas polos socialistas quen días atrás denunciaban a discriminación de Redondela nos orzamentos da xunta “por recibir o noso municipio menores investimentos que outros concello de entidade semellante” segundo palabras do socialista Leonardo Cabaleiro. Pazos e cualificaba de “absurda a análise feita polo PSOE cando comparan partidas que se invisten nun ou noutro concello” cando o goberno de Feijoo “está a construir a nova lonxa de Cesantes, estanse a expropiar os terreos para proceder a ampliación da Ponte de Xulian, podemos crear prazas de gardería por primeira vez en 30 anos e imos ampliar o Ceip de Cedeira”. Demandas históricas que “por fin son atendidas, a pesares da dificil situación económica” afirmou Pazos, quen invitou a Cabaleiro “a colaborar coa Xunta e o Concello na mellora dos servizos públicos explicándolle por ejemplo aos veciños onde estan os terrenos para a escola infantil de Chapela. A Xunta orzamentou a partida para construila, pero nin aparece a parcela, nin os cartos do préstamo que pediron os socialistas para comprala”. Finalmente Pazos subliñou que “o Goberno de Feijoo pon orzamento onde o Bipartito puxo excusas e mentiras”.