Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballada vitoria do Choco diante do Areas

RR_Noticias

Os pupilos de Jacobo Montes non reducen a velocidade, e están a asinar asinar unha espléndida tempada na Terceira División. Onte superaron a un Areas que non acaba de levantar cabeza. Nas categorías de Segunda e Terceira Autonómica os resultados foron desiguais, con vitorias de Chapela e Soutomaior, empates de Choco B, Arcade e At. Vilar, e as derrotas de Ceantes e Nespereira.

Terceira División
Choco 2-0 Areas
Tras unha primeira parte igualada, na que os visitantes deron a cara e tiveron algunha ocasión para poñerse por diante, os homes de Jacobo Montes fóronse a por a vitoria ao comezo do segundos corenta e cinco minutos. Así, ao pouco de volver dos vestiarios, Yeray aproveitou unha boa xogada pola banda dereita de Caloi para facer o primeiro tanto. Con vantaxe no marcador, os locais sentíronse cómodos fronte a un Areas que seguía con problemas para chegar á meta de Cortegoso. A dez minutos do final, un balón en profundidade sobre Curry permitiulle ao Choco sentenciar ao rival. E fíxoo diante do seu público, xa que por fin os redondeláns xogaron como locais no seu campo, unha ver rematadas as obras de mellora en Santa Mariña, cuns 450 espectadores nas gradas. Esta vitoria deixa ó Choco na cabeza da clasificación, son 4º, e a próxima fin de semana teñen unha cita complicada na casa do Arousa, 3º do grupo e co que están empatados a puntos.
Segunda Autonómica
Coia 0-0 Choco B
Reparto de puntos nun partido sen goles. O filial do Choco non conseguiu anotar no campo do Coia, que se mantén no pozo da clasificación. A próxima xornada os de Redondela xogan en Santa Mariña diante lo Lavadores, un dos equipos fortes do grupo.
A Lama 1-2 Soutomaior
O derbi saldouse con vitoria dos visitantes do Soutomaior, con dous goles de Kalú. O próximo domingo o Soutomaior, que agora ocupa a metade da táboa, recibe ao Amanecer, 4º clasificado.
Arcade 1-1 Mosteiro
As posicións dos dous equipos na táboa, empatados a puntos, facía presaxiar que sería un encontro moi igualado, e así foi. Empate a un gol e reparto de puntos en Arcade para volver deixar aos dous conxuntos iguais, na metade da clasificación. A próxima xornada o Arcade xoga no campo do Pontecaldelas, que está tamén no mesmo grupo de equipos con 7 puntos.
Terceira Autonómica
Cesantes 0-1 Moraña
O equipo redondelán foi a primeira vítima do Moraña, que conseguiu colleitar en Cesantes a súa primeira vitoria da liga. O resultado deixa ós redondeláns na parte baixa da táboa, e a próxima xornada xogarán no campo do Moaña B.
Chapela 2-0 Casablanca
O Chapela escala ata a 4ª posición do grupo logo de impoñerse ao Casablanca. Na próxima xornada xogarán no campo do Santa Eulalia, da parte baixa da táboa.
Balaídos 1-1 At. Vilar
O Vilar segue na parte alta da táboa logo do reparto de puntos no campo do Balaídos. O domingo reciben ao Vincios, 2º do grupo
Caldelas 2-1 Nespereira
Os de Pazos baixa ata a 5ª praza do grupo logo da derrota, e o domingo recibirán ao Vilasobroso, situado na metade baixa da clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará