O músico e divulgador da cultura galega Marcelo Do Bode será o encargado de impartir o curso “música de palleiro” orientado a nenos a partir de tan só 2 anos. Arranca este sábado día 2 de novembro na Sociedade de Agricultores de O Viso organizado pola Sociedade Cultural da parroquia.
“Música de palleiro” preséntase como un curso de achegamento á música e cultura tradicional galega para os máis cativos e cativas da casa, xa que poden participar no mesmo rapaces de tan só 2 anos de idade. impartido polo músico Marcelo Do Bode, o curso ten un importante carácter familiar xa que a inscrición inclúe ao cativo así como a un adulto acompañante que compartirá a experiencia de aprendizaxe e achegamento a bailes, cantigas e diversos aspectos da cultura galega dun xeito divertido.
A inscrición poder realizarse a través do teléfono 656 938 058 ou a través do correo electrónico acsmviso@gmail.com. O curso, que ten un custe mensual de 20 euros por neno e adulto, comeza este sábado día 2 ás doce do mediodía. Impartirase na Sociedade de Agricultores da parroquia (Antiga Escola de Tuimil).