Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Choco superior gaña ao Bertamiráns pola mínima

RR_Noticias

Os de Redondela seguen a alimentar o soño de que todo é posible esta temporada. Logo de doce xornadas no seu regreso á Terceira División ocupan a 5ª praza do grupo. Onte gañaron en Santa Mariña por 1-0 ao Bertamiráns. No resto de categorías resultados desiguais para os equipos da bisbarra, con vitorias do Choco B en Segunda Autonómica, e do Chapela e Nespereira en Terceira Autonómica.

Terceira División
Choco 1-0 Bertamiráns
Vitoria cómoda ante o Bertamiráns para un Choco que segue á espreita dos postos de promoción de ascenso tras un arranque de Liga espectacular. Os de Jacobo Montes tiveron controlado o partido en todo momento ante un rival que se encerrou no seu campo e que só dispuxo dalgunha ocasión illada á contra. Os locais tiveron a primeira clara no minuto 20 cun disparo de Rober. Pero chegouse ao descanso en táboas. Tras a continuación, o partido continuou polos mesmos camiños, cun Choco que o seguía tentando. Chegou o tanto da vitoria no minuto 69 grazas a unha falta directa que Alber coloca pola escuadra. De novo Rober aínda tería tempo de enviar outro tiro aos traveseiro minutos despois. O Bertamiráns non conseguiu crear perigo en ningún momento. Os tres puntos deixan ós redondeláns na 5ª posición da táboa, empatados a puntos co 4º, o Arousa, co que perderon o pasado xoves en Vilagarcía. A próxima fin de semana xogan no campo do Laracha, que é 10º do grupo.
Segunda Autonómica
Choco B 3 -1 Lavadores
Os redondeláns impuxéronse con tres goles nun encontro no que foron superiores ó equipo vigués. Matéñense así na parte alta da táboa, son 4º, e a próxima xornada visitan o campo do Teis.
Soutomaior 0-1 Amanecer
O Soutomaior perdeu na casa diante dun dos equipos máis fortes do grupo, que se impuxo cun único gol. Os locais baixan á 11ª posición da táboa, e a próxima xornada xogan no campo do Figueirido, da metade alta da clasificación.
Pontecaldelas 1-1 Arcade
Os goles chegaron cedo en Pontecaldelas. Junior fixo o tanto para o Arcade, e os locais igualaron ao pouco tempo. O Arcade é 12º, na próxima xornada reciben ao Pontevedra, dous postos por riba deles.
Terceira Autonómica

Moaña B 1-0 Cesantes
O Cesantes cae á metade baixa da táboa logo de perder pola mínima en Moaña. A próxima xornada descansa.
Santa Eulalia 0-2 Chapela
O Chapela impuxo o seu xogo e fíxose co partido, co que escala á 4ª posición da táboa. O domingo reciben ao pechacancelas, o Fortuna.
At. Vilar 2-3 Vincios
Os de Redondela perderon nun partido con moitos goles, e agora son 5º do grupo. O domingo xogan na casa do líder, o Miño.
Nespereira 3-0 Vilasobroso
Os de Pazos son 4º logo de gañar por goleada ao Vilasobroso. Na próxima xornada reciben ó Louredo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará