Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un 60% dos alumnos dos Obradoiros de Emprego atopan traballo

RR_Noticias

En Redondela un total de 22 persoas en situación de desemprego participan no programa “Emprega Verde”, 13 nun curso de Agricultura Ecolóxica e outras 9 no de Dinamización Cultural e Tempo Libre. Outros 60 desempregados reciben tamén distintos cursos de formación dentro do Plan Integrado de Emprego da Xunta de Galicia.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitaron onte aos alumnos destes cursos no Pazo de Pousadouro, onde se imparten os obradoiros. Mato animou ós alumnos a “aproveitar ben” esta formación para mellorar a súa “empregabilidade”, e salientou que se trata de ferramentas “moi útiles”, tanto para aqueles que buscan emprego como para o conxunto da cidadanía dos Concellos, que se benefician dos traballos realizados durante os cursos. A conselleira salientou tamén a efectividade destes programas formativos, que contan cun alto grado de colocación, xa que preto do 60% dos alumnos que rematan os obradoiros atopan traballo. A conselleira estivo acompañada na visita polo alcalde, Javier Bas, e os concelleiros Teresa París, Jesús Crespo e Herminda Quelle. O rexedor redondelán quixo destacar tamén que o compromiso do Concello cos desempregados non remata unha vez finalizado o obradoiro, senón que se comprometen a colaborar con aqueles que desexen poñer en marcha unha iniciativa de autoemprego ou cooperativa. Bas sinalou que no terreo da agricultura ecolóxica estes modelos de produción poderían crear emprego. Os alumnos, que comezaron a formación a mediados do pasado mes de outubro, amósanse “ilusionados” co obradoiro polas posibilidades que lle ofrece na mellora da súa empregabilidade, pero lamentan que sexa “demasiado corto”. Entenden que seis meses de formación “é pouco tempo” e demandan tamén máis recursos, como ordenadores e roupa de traballo. Desde o Concello explicaron que esta mesma semana dotarán ao centro de material informático, e que a roupa de traballo se encargará a unha empresa mediante concurso unha vez que xa se solicitaron as tallas aos alumnos. A consellería de Traballo e Benestar achega 285.000 euros para estas iniciativas de emprego en Redondela, cun total de 82 beneficiarios. En total, en Galicia vanse poñer en marcha 30 programas deste tipo, grazas a un orzamento de 2,5 millóns de euros que permitirán chegar a 2.200 persoas.    

Beatriz Mato conselleira de Traballo
Mato lembrou en Redondela que un 60% dos alumnos dos obradoiros atopan traballo.
Javier Bas alcalde
Desde o Concello apoiarán a creación de cooperativas para xerar emprego.
Alumnos do programa
Os alumnos amósanse ilusionados co obradoiro pero demandan máis tempo de formación e máis recursos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará