A Asociación de afectados pola AP-9 ven de trasladar ao concello un informe no que recollen algunhas as deficiencias que lles trasladaron os usuarios da recen aberta piscina de Chapela. O colectivo reclama tamén información sobre a contratacións de traballadores de Redondela por parte da empresa concesionaria do servizo.
Os vestiarios e a zona de aparcamentos centran as principais queixas dos usuarios do Centro de deportes acuáticos de Chapela. Concretamente no informe elaborado pola Asociación de Afectados pola AP-9 recollen que o mal funcionamento de desaugadoiros do vestiario feminino causan encharcamentos nas duchas, que carecen dunha zona seca na que vestirse axeitadamente ou que a elevada temperatura causa sensación de agobio. Recollen tamén a falta de intimidade no vestiario masculino debido a que as tarefas de limpeza son realizadas por persoas feminino cando hai usuarios dentro.
Outras queixas fan referencia a ausencia de prazas de estacionamento para bicicletas ou que os turismo ocupan en moitas ocasións o lugar destinados ás motos.
A Asociación solicita tamén que no Consello Parroquial que se celebra este venres se lles informe de si a empresa concesionaria do servizo está a cumprir coa contratación dunha porcentaxe de traballadores do concello e si o número de usuarios que sitúan en 1.300 abonados cumpre as espectativas económicas previstas.