Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Buscan en Redondela e comarca a un médico secuestrado por dous individuos

RR_Noticias

Sábese que o médico supostamente secuestrado tería retirado cartos na tarde noite de onte dun caixeiro automático dunha entidade bancaria do Concello de Redondela. A estas hora a Garda Civil centra no Monte Aloia as investigacións logo de que se atopara no Polígono de A granxa o vehículo sustraído polos delincuentes en Portugal.

Os datos en torno a este suceso non están claros e non hai información oficial, pero todo apunta a que dous delincuentes secuestraban esta pasada noite a un medico en Portugal e logo se trasladaban nun vehículo de alta gama, propiedade do secuestrado, a Galicia. Segundo diferentes medios o sospeitoso é Saturnino Marcos Cerdeira Cancelas «Canceliñas», o presunto autor do tiroteo dunha parella no Porriño o pasado 28 de outubro e de dous atracos a gasolineiras en Tomiño. Estaría acompañado por Álvaro Miguel dos Santos Barbosa, veciño de Salceda de Caselas e ao que non lle constan antecedentes policiais pero si varias denuncias por consumo e tenencia de estupefacientes. Xuntos terían secuestrado a un médico de Portugal, Antonio Veloso, dunha popular familia lusa e propietario do coche que xa foi localizado abandonado en O Porriño.  A procura dos delincuentes céntrase agora nas inmediacións do Monte Aloia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará