A Concellería de Xuventude de Redondela convoca unha nova edición deste certame de relatos curtos dotado con dous premios económicos de 1.200 euros e 600 euros respectivamente. O prazo de presentación de traballos rematará o día 2 de decembro e ao certame poden concorrer todas as persoas interesadas que teñan entre 18 e 35 anos de idade e que presentan as súas obras escritas en lingua galega.
Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro certame e deberán ter unha extensión máxima de 15 folios e mínima de dez. O tema será libre pero é requisito fundamental que estean escritos en lingua galega. Os textos remitiranse ao rexistro do concello como data límite o 2 de decembro deste ano. O ditame do xurado darase a coñecer no propio mes de decembro.