Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Saxamonde recupera a “memoria da mulleres”

RR_Noticias

A Asociación de Mulleres Arela de Saxamonde ven desenvolvendo nas últimas semanas xunto coa Cooperativa Trespés un proxecto orientado recuperar a historia das mulleres da parroquia, tanto a través das súas imaxes como das súas lembranzas. O resultado do traballo presentarase o domingo día 24 cunha charla coloquio e a inauguración dunha exposición na que se amosarán 150 das preto de 300 imaxes recollidas.

A idea é recoller, analizar e mostrar en diferente formatos as vivencias particulares e colectivas das mulleres, visibilizando así o seu papel na vida familiar, económica, social e cultural e favorecendo o empoderamento das mulleres de Saxamonde a través da súa propia memoria. O traballo realizado divídese en dúas accións paralelas. Por unha banda a recollida de imaxes que foron cedidas maioritariamente polas propias socias da Asociación Arela, da que forman parte máis de 60 mulleres. Por outra banda mantivéronse conversas coas mulleres nas que se falaron de temas como o traballo, a emigración, as festas, as vivencias, as crenzas e outras cuestións que forman parte da tradición en mans das mulleres que en gran medida permanece oculta. Testemuñas como Aurea Martínez que lembran como a vida en comunidade era ben diferente décadas atrás cando a colaboración veciñal estaba presente en todo tipo de eventos “dende as labores do campo, a matanza do porco ou mesmo nas celebracións dos casamentos” foron fundamentais para realiza este traballo de campo que será presentado o domingo día 24 cunha charla coloquio. Dende a directiva da Asociación Marga García salienta ademais o importante da data escollida para a presentación do traballo e para a inauguración da exposición fotográfica coincidindo coa Conmemoración Internacional do Día contra a erradicación das violencia de xénero.    

Marga García Asociación Arela
Explica o método de traballo desenvolvido
Exposición e charla
Os actos serán o domingo 24
Aurea Martínez Asociación Arela
As festas celebracións e a vida parroquial formaron parte das vivencias recollidas
Traballos xa desaparecidos
Un dos xeitos de colaborar coa familia era vendendo a froita da leira en Vigo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará