Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido leve un veciño de Cedeira nun accidente na N-550

RR_Noticias

A colisión entre un turismo e un camión de reparto na estrada N-550 á altura do Restaurante Illa San Simón ás 8:26 horas de hoxe provocou importantes retencións durante praticamente unha hora. Afortunadamente tan só hai que lamentar un ferido de carácter leve, un veciño de Cedeira que foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario de Vigo.

O ferido é Albino F.G. veciño da parroquia de Cedeira e condutor do Citroen ZX que colidiu frontolateralmetne contra un camión Mercedes 814. Os feitos producíronse ás 8:26 horas de hoxe cando, por motivos que se descoñecen, ambos os dous vehículos colidían na N-550 á altura do restaurante Illa San Simón. O accidente provocou importantes retencións ao quedar inutilizados durante praticamente unha hora os dous carrís da marcha, sendo habilitado a beiravía par que os vehículos puideran circular.
Axentes da Policía Local, Garda Civil e Grumir interviron para regular o tráfico que quedou completamente restablecido ás 9:21 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará