Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria pola mínima para o Solla&Cía Chapela

RR_Noticias

Emocionante encontro o vivido esta fin de semana no pavillón de Chapela. Cheo absoluto para presenciar este derbi entre o Solla&CIA e o Teucro que non defraudou aos afeccionados cun igualado marcador final a favor dos locais que venceron por 24 goles a 23. Peor sorte correron os xogadores da Sar, equipo que caía por 31 goles a 22 na súa visita ao campo do OAR Coruña.

En división de honor o Solla&Cía Chapela conseguía o obxectivo de derrotar a un dos grandes da categoría. Partido moi igualado o vivido nun pavillón o de Chapela ateigado de público. Na primeira parte ningún dos dous equipos foi quen de irse de dous goles en ningún momento, con defensas impenetrables e porteiros que tamén llo poñían difícil aos lanzadores. Segunda parte tamén moi igualada que sentenciaría Chema xa nos últimos segundos do partido marcando o gol da vitoria para o Chapela.
Logo desta vitoria o Solla&Cia mantense no decimo primeiro posto da categoría e na vindeira semana desprázanse á casa do seu inmediato perseguidor, o Zamora
En primeira nacional a SAR caía na súa visita ao campo do OAR Coruña por 31-22. Logo dunha primeira parte moi igualada chegándose ao descanso co resultado de 15-13 a favor dos locais, na segunda parte do encontro os coruñeses foron claramente superiores e lograron adiantarse no marcador, vantaxe que se mantivo ata o final do partido.
Unha derrota que deixa aos de Diego López na oitava praza da clasificación. Difícil encontro o que teñen na vindeira fin de semana. Malia contar co favor do público xa que o partido se vai disputar na Bomboneira reciben a un rival a priori superior, o Atlético Novás, líder do grupo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará