Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios piden maior contundencia á hora de aplicar a normativa das terrazas

RR_Noticias

O presidente da Asociación de empresarios de Redondela, José Antonio Gómez, entende que o regulamento aprobado polo concello non está a cumprir coa súa finalidade que debería ser “regular claramente a ocupación do espacio público”. O motivo “ben porque a ordenanza non é clara ou ben porque non se está aplicando axeitadamente”.

A normativa que regula a ocupación do espazo público por parte dos hostaleiros está a ser toda unha fonte de polémica. Logo de que unha denuncia obrigara a dous locais a retirar as súas terrazas e toldos na praza de Santiago o concelleiro de interior, Arturo González, recoñecía en pleno que a normativa non está a dar os resultados esperados debido, segundo dixo “a que é moi difícil regular un sector que nunca contara cunhas normas neste sentido”. Agora son os propios empresarios os que reclaman ao goberno local unha maior claridade e contundencia á hora de aplicar a normativa. Así o explicaba o Presidente da Asociación José Antonio Gomez quen entenden que “ten que existir un regulamento que estableza claramente como se ocupa o espacio público e que a súa aplicación sexa igual para todos”. Con estas palabras daba a entender Gómez que dende Interior non se está a esixir o mesmo nivel de cumprimento a todos os locais por igual e engade que a norma actual “ou ben non é clara ou ben non se está aplicando axeitadamente” en referencia a que hai locais que si a están a cumprir mentres outros non están a aplicar esas normas establecidas. O Presidente dos empresarios conclúe cun contundente “non poden existir privilexios para uns que outros non poden ter”.  

Jose´Antonio Gómez Asociación de empresarios
Unha normativa necesaria
Aplicar a normativa sen previlexios
Entenden que as aplicación da norma non está a funcionar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará