Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

MPK Magazine, unha aposta pola cultura

RR_Noticias

En formato dixital ou en papel a revista MPK Magazine ten xa publicado o seu segundo número. Unha idea orixinal de Óscar Torres que con esta revista quere “achegar á escena galega as tendencias culturais e creativas do mundo” . A revista pódena consultar na Biblioteca de Redondela ou no enderezo electrónico www.mpkmagazine.com/

Contidos variados que pasan por informacións en torno á música, as series televisivas, ao cómic ou ao cine, pasando por artigos de cociña e deseño así como reportaxes sobre fotografía  ou ilustración. Tamén se aposta polas entrevistas que neste segundo número se centran na figura de Angeles Mora “unha das mellores microrrelatistas do pais”. O obxectivo é achegar o mundo da cultura aos lectores dun xeito ameno e sen grandes pretensión “facendo os contidos consumibles e entretidos”. Unha idea que estaba na mente de Óscar Torres dende hai tempo e que se concretaba recentemente grazas ao apoio dos colaboradores que traballan desinteresadamente. De feito, o tema económico é o grande cabalo de batalla como en case todos os proxectos culturais. E no camiño de autofinanciarse buscan patrocinadores, basicamente locais de hostalaría que reciben a revista por 30 euros anuais. Ata o de agora o maior apoio atopárono na zona do Casco Vello vigués.  

Oscar Torres director de MPK
Fálanos dos contidos da revista
Apoios económicos
Buscan patrocinios entre os locais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará