Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello non renuncia ao proxecto de urbanización da parcela de Canabal de 36.000 m2

RR_Noticias

O goberno local seguirá negociando co resto dos grupos políticos de cara a lograr un “amplo consenso” que permita aprobar o proxecto urbanístico que prevé urbanizar este terreo nas inmediacións da rotonda de Vilavella coa construcción dunha área comercial, un hotel e unha estación de autobuses. Así o asegura o concelleiro de urbanismo Arturo González quen engade que o proxecto “sería moi beneficioso para Redondela polo importante número de postos de traballo que crearía”.

O proxecto urbanístico sufría onte un duro revés logo de non chegar nin tan sequera a debaterse en pleno. O goberno local decidía retiralo da orde do día ante a postura en contra de todos os grupos da oposición. O punto, no que se propoñía a modificación puntual das Normas Subsidiarias para o desenvolvemento urbanístico dunha parcela de máis de 36.000 metros cadrados nas inmediacións da rotonda de Vilavella, foi retirado “logo de que o PSOE, que condicionara o seu voto a un informe da Secretaria Municipal, nos trasladase que ía votar en contra” segundo explicou o edil de urbanismo. Nunha comisión informativa celebrada o pasado venres, BNG e AER xa manifestaron que non apoiarían a proposta, pero os populares si confiaban en contar co apoio dos socialistas que finalmente rexeitaron apoiar o proxecto que contempla a construcción de vivendas, un centro comercial, un hotel, unha estación de autobuses e zonas verdes. Artura González asegura que seguirán negociando cos grupos da oposición “de cara a lograr os máximos apoios para que este proxecto poida ser unha realidade”. Defende ademais esta actuación por “ser moi beneficiosa para Redondela” principalmente polo elevado número de postos de traballos que crearía no concello “nun primeiro momento empregos puntuais para a construcción das infrraestruturas alí previstas e posteriormente coa creación de postos de traballo estables nos locais comerciais e no propio hotel”. Malia que os grupos da oposición terían rexeitado a proposta polas posibles consecuencias negativas que a construcción dun centro comercial tería para o pequeno comercio, o edil popular asegura contar co apoio da propia Asociación de empresarios que aglutina a boa parte do comercio local e que é ademais “promotora do proxecto inicial no que hai xa unha década se contemplaba unha área comercial semellante”. Insistiu ademais en que o proxecto conta cos informes favorables de todas as administración implicadas.  

Arturo González edil de urbanismo
Defende o proxecto polas importantes repercusións laborais que tería
Buscar o consenso
Asegura que as negociacións seguen para poder aprobar a actuación
Negativa dos grupos da oposición
Negaron o apoio por entender que lastraría ao comercio de proximidade
Posicionamento dos empresarios
Eles foron os promotores do proxecto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará