A Asociación de Mulleres Arela presenta este domingo as 18:00 horas no centro cultural Chan das Pipas o traballo realizado nas últimas semanas coas mulleres da parroquia. Un traballo de investigación e recollida das vivencias particulares e colectivas das mulleres co obxectivo de visibilizar o seu papel na vida familiar, económica, social e cultural, favorecendo así o empoderamento das mulleres en Saxamonde a través da súa propia memoria.
O traballo foi realizado pola cooperativa trespés cuxos técnicos presentarán este domingo os resultados e conclusións. Unha charla coloquio que terá lugar no Centro cultural chan das pipas no que se inaugurará tamén a exposición fotográfica “mulleres e memoria” na que se amosan 150 fotografías cedidas polas veciñas. Unha actividade que terá lugar este domingo para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero que se celebra o 25 de novembro.