Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cadea humana en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero

RR_Noticias

A Concellería de Igualdade convoca á cidadanía a participar esta tarde dos actos centrais que organizan co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. Serán as 19:00 horas na Praza do Concello, lugar no que terá lugar a Lectura da Declaración institucional e unha cadea humana con posterior homenaxe ás vítimas na árbore Ginkgo Biloba. A continuación celebrarase o concerto Redondela en pe de música contra a violencia de xénero a cargo da Banda de música de Redondela e a Coral Alvedosa no Multiusos.

Con estas convocatorias o Departamento de Muller e igualdade quere amosar a súa repulsa contra a violencia de xénero, unha lacra social que no que vai de ano xa acabou coa vida de 48 mulleres, dúas delas en Galicia. Ao longo de todo o mes, teñen en marcha un calendario de actividade que inclúe ademais proxección cinematográficas ou talleres de autodefensa como o que se vai celebrar este xoves ás cato da tarde no pavillón de Redondela, aberto a todo o que queira achegarse. Outras das actividades aínda pendente é unha sesión de coaching o mércores ás 17:00 horas no Círculo Cultural de Chapela. Un conmemoración a de hoxe que deixa ademais outros datos para a reflexión, xa que está a producirse un cambio en canto ás vítimas e os modos empregados para a exercer a violencia sobre as mulleres co espallamento das novas tecnoloxías. Así estímase que un 10,5% das menores sofre violencia machista principalmente polo acceso a esas novas tecnoloxías que facilitan o acoso e os insultos. De feito case o 29% das menores entre os 13 e os 19 anos recoñecer ter sufrido un control abusivo da súa vida por parte das súa parella ou exparella. Unha realidade difícil de atallar dende as institución segundo recoñece a titular de Igualdade de Redondela, Teresa París.  

Teresa París Concelleria de igualdade
Fálanos dos actos de hoxe no día Contra a violencia de xénero
Violencia a través das novas tecnoloxías
Aparece unha nova tipoloxía de vítimas a idades moi temperás

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará