O coordenador comarcal de Esquerda Unida en Vigo, José Cuevas, será o encargado de conducir esta charla coloquio que ten por obxecto informar sobre as consecuencias que a reforma das pensión vai provocar entre os pensionistas que pdoerían perder ata un 20% de poder adquisitivo en dez anos. Denuncian dende esta agrupación política que a reforma busca beneficiar aos fondos de pensións privados.
Cunha inflación en torno ao 2% e unha revisión á alza das pensión de so o 0,25 supón que os pensionistas irán perdendo un 1,75% anual de poder adquisitivo, o que nunha década suporía un 20% menos de poder adquisitivo para os pensionistas. Esta é unha das consecuencias directas que segundo explica José Cuevas vai supoñer a aplicación da reforma das pensión que propón o goberno de Rajoy. En contrapartida, fíxase un crecemento máximo en tempo de bonanza equivalente ao IPC máis o 0,5 “pero serían necesarios tres anos para recuperar o que se perde en tan só un”. O coordenador comarcal de EU asegura ademais que os argumentos que esgrime o goberno para aplicar esta reforma”son falsos” xa que alertan de que no ano 2050 non se vai poder afrontar o pago das pensións polo incremento no número de maiores e porque o gasto se situaría en torno a un 15% do PIB “porcentaxe que é o que agora xa están a investir neste concepto outros países como Francia ou Italia”. Esquerda Unida convida aos veciños tanto aos pensionistas como aos que no futuro poidan chegar a selo a achegarse hoxe mércores a esta charla coloquio que se vai desenvolver na sala da cafetería do Multiusos ás 20:00 horas.