Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha pantalla vexetal de loureiro reducirá o impacto visual da depuradora

RR_Noticias

A actuación terá un custe de 200.000 euros e estará financiado na súa totalidade por Augas de Galicia. Nun primeiro momento contemplábase o uso do bambú para esta actuación, planta que finalmente foi substituída por loureiro, atendendo á vexetación máis propia do lugar.

A depuradora de Redondela situada na Marisma reducirá o seu impacto visual e minimizará os malos cheiros logo de que se realicen unha serie de melloras consistentes en instalar unha pantalla vexetal de loureiro ao redor da planta co fin de ocultar as instalacións. Outra parte do proxecto consistirá na instalación de sistemas de desodorización para reducir as molestia que causan os malos cheiros da depuradora, tal e como explicaba onte no pleno municipal o edil de medio ambiente Miguel Angel Alvarez Ballesteros. A actuación estará financiada por Augas de Galicia na súa totalidade e contou co apoio de PSOE e BNB. Os nacionalistas aplaudían a decisión de corrixir a proposta inicial que prevía a instalación dunha pantalla de bambú, que finalmente será con loureiro “unha planta máis acaída ao lugar” en palabras de Xoán Carlos González. Pola súa banda, AER optou pola abstención por entender que esta actuación non ven solucionar os problemas máis graves da depuradora como son os vertidos e os malos cheiros.  

Miguel Angel Alvarez Ballesteros PP
A obra será custeada ao 100% por Augas de galicia
Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas apoian a proposta e aplauden o cambio do bambú polo loureiro
Alfonso Blanco AER
A Agrupación de Electores entende que a medida é insuficiente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará