Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno lamenta que a sentenza do Prestige non sinale responsables políticos nin materiais

RR_Noticias

O PP votou en contra dunha moción presentada polos nacionalistas na que solicitaban entre outras cuestións instar a Xunta de Galicia a que reclame a transferencia de competencias para o control e inspección dos barcos que transitan polas costas galegas así como amosar o seu apoio a mobilizacións como as vividas esta fin de semana en contra da impunidade dos responsables da marea negra. A moción saíu aprobada ao contar cos votos a favor de BNG, PSOE e AER.

O BNG lamenta que malia ser o litoral de Galicia “o máis afectado do mundo pola contaminación derivada de accidentes marítimos destas características, pois nos últimos 43 anos houbo catro buques que provocaron importantes vertidos de hidrocarburos ao mar” a sentencia ditada once anos despois da marea negra do Prestige “permite a pervivencia desta situación de risco e a impunidade manifesta dos responsables”. Unha sentencia que segundo explicaron permite que o Estado continúe controlando os dispositivos de transporte de mercadorías perigosas por mar nas costas galegas, impedindo que Galiza poida facelo en porto e en tránsito, e tamén que os medios de salvamento e prevención de catástrofes ambientais despregados nas nosas costas non sexan suficientes e adecuados para encarar situacións de risco ou combater a ameaza da contaminación. Por este motivo solicitaron o apoio do resto dos grupos para reclamar a trasnferencia das competencias para o control deste transporte así como lamentar unha sentencia que “permite a impunidade dos seus responsables, tanto políticos como materiais”. Unhas peticións que foron apoiadas tanto por PSOE e AER quen tamén lamentaron a sentencia. O socialistas Luís Orge con todo amosouse confiando en que os recursos presentados teñan resposta mentres que o voceiro de AER, Alfonso Blanco criticou que once anos despois os problemas de seguridade segan sen solucionarse. Unha proposta que for aprobada aínda que cos votos en contra dos populares quen entenden que nestes anos si se produciron melloras en canto a seguridade marítima nas costas galegas e insistiron en que “non foron os políticos os culpables da catástrofe”.  

Cecilia Pérez BNG
Lamentan unha sentencia que non recoñece culpables
Luis Orge PSOE
Os socialistas confían nos recursos
Alfonso Blanco AER
Critican que non existan medidas para evitar este sinistros
Teresa París PP
Os populares non apoiaron a moción

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará