Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama financiamento para mellorar os centros de ensino de Quintela e Santa Mariña

RR_Noticias

O grupo nacionalista ven de presentar emendas aos orzamentos da Xunta para mellorar os centros de ensino de Redondela, concretamente solicitan unha partida de 300.000 para arranxar o tellado de Quintela e 150.000 euros para o patio cuberto de Santa Mariña.

Un ano máis o Bloque volveu presentar varias emendas demandando que nos orzamentos da Consellaría de Educación se inclúan partidas para dúas infraestruturas de carácter educativo e “prioritarias para nos centros de ensino público de Redondela”.
Demandan por unha banda a dotación dunha partida de 150.000 euros para a construción do patio cuberto no colexio de Santa Mariña por entender que “non é de recibo que máis de 400 alumnos e alumnas de primaria queden sen poder saír ao recreo, ou sen realizar educación física cada vez que chove”. Lembran que desde hai varios anos, tanto as familias como o profesorado desenvolveron diversas accións de presión para que a obra se realizase sen que de momento a Consellaría teña amosado vontade de realizala.
Desde o BNG consideran tamén prioritaria a renovación do tellado de Quintela, seriamente danado hai varios anos por mor dos temporais e que logo dun arranxo parcial precisa agora dun “arranxo completo que se podería acometer cunha partida de 300.000€”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará