A Concellería informa de que este sábado é o último día para solicitar as subvencións orientadas a facilitar ás asociacións do Concello a realización de actividades orientadas a promover o voluntariado social, previr a exclusión, conciliar a vida laboral, familiar e persoal ou previr o illamento social dos maiores, entre outros obxectivos.
Esta convocatoria da Concellería de Servizos Sociais ten por obxecto regular a concesión de subvencións para o desenvolvemento de programas de servizos sociais para o ano 2013, ás asociacións ou entidades legalmente constituídas que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Redondela e que leven a cabo programas no termo municipal vinculadas ás seguintes liñas de traballo: prevención da exclusión social ou promoción da inclusión social, de promoción do voluntariado social, de conciliación da vida laboral, familiar e persoal, de atención a infancia en colectivos que traballen con nenos e nenas e de prevención do illamento social das persoas maiores do noso municipio.
Máis información pódense dirixir ao Servizos Sociais Comunitarios, na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2 , ou chamando ao 986 40 26 08.