Un contundente marcador a favor de 4-0 amosa o bo estado de forma do fútbol sala local que lograba esta fin de semana unha nova vitoria, neste caso ante o Poio, que so sitúa no segundo posto da clasificación. Situación que deberán defender na vindeira semana na súa visita ao campo do Abetos, penúltimos na clasificación.
Nos primeiros minutos do encontro o dominio foi para os xogadores do Poio, pero serían os de Redondela os que tomarían a dianteira chegándoe ao descanso cun 2-0 no marcador.
Os seguintes vinte minutos, o Redondela volveu a ser un colectivo moi ordenado defensivamente. Tizón a falla de seis minutos daría tranquilidade os seus co 3-0, e xa sobre a bucina Dani convertería o definitivo 4-0.
Con estes tres puntos os redondeláns ascenden a unha virtual segunda posición, xa que hai que ter en conta, que o Lavadores conta con dous partidos menos, al igual co líder, o Talleres ABC Vigo, cun partido aprazado.
Salientar o esforzo defensivo de todo o equipo, terceiro partido consecutivo sen encaixar un tanto, e cuarto de toda a tempada. Faltan dous encontros para pechar o ano, sendo o partido máis inmediato o vindeiro sábado 14 no campo do Abetos, equipo que se atopa moi necesitado de punto xa que actualmente son os penúltimos da táboa.