Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un tremor de terra deixase sentir en Redondela

RR_Noticias

Pasou practicamente desapercibido, pero os máis sensibles si que se decataron do tremor de terra que na xornada de onte se rexistraba nas inmediacións de Pontevedra. Un terremoto de 3,0 graos con epicentro en Santo Antoniño, Campo Lameiro, que se deixou notar sobre todo no sur da provincia da Coruña e no norte de Pontevedra, aínda que tamén algúns redondelán se decatou do fenómeno.

Eran ao redor das 20:00 horas cando un terremoto con epicentro en Santo Antoniño se deixaba notar en boa parte da provincia de Pontevedra e no sur do termo provincial de A Coruña.
O Instituto Xeográfico Nacional informaba n a súa web que a magnitude do tremor fora de 3.0 graos na escala Richter.
Pero non foi esta o único sismo da xornada, xa que onte domingo durante a mañá detectáronse catro terremotos na comunidade, tres de 1,6 de magnitude en Porto do Son e un cuarto de 2,4 no litoral da comarca da Barbanza.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará