Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O presidente da Asociación de empresarios pon o seu cargo a disposición da Xunta Directiva

RR_Noticias

José Antonio Gómez adoptou esta decisión logo de que así llelo solicitasen reiteradamente os comerciantes, reunidos en Asemblea na noite de onte no Multiusos da Xunqueira, por entender que existe conflito de intereses entre o seu cargo ao fronte da asociación e a súa posición como promotor do proxecto de urbanización de Canabal. Os asociados reclaman tamén que se convoque unha votación sobre o centro comercial para aclarar o apoio co que conta esta actuación.

Os comerciantes reunidos na tarde noite de onte no Multiusos da Xunqueira, malia recoñecer o traballo de José Antonio Gómez ao fronte do colectivo empresarial nos últimos anos, reclamaron reiteradamente a súa dimisión por “estar a defender un proxecto en nome dos asociados que non conta co noso apoio”. Entenden que o conflito de intereses é evidente por ser a un tempo presidente da Asociación de empresarios pero tamén parte interesada ao ser un dos socios da empresa Unión Comercial de Redondela, promotora do proxecto de urbanización da parcela de 36.320 metros cadrados de Canabal, na que se inclúe a construcción dun centro comercial, 17 vivendas unifamiliares, unha estación de autobuses, un hotel e zonas verdes. Os comerciantes criticáronlle tamén a “falta de transparencia” coa que se xestionou esta iniciativa e reclamaron que se celebrase unha votación en urna na que se lles pregunte ao asociados se están a favor ou en contra da construcción dun centro comercial en Redondela e que o resultado que saia desa votación sexa o defendido polo presidente da Asociación de Empresarios.  

Conflito de intereses
En base a ese argumento pedíuse a dimisión do presidente
Votación en urna
Pediuse tamén unha votación para coñecer a postura de todos os asociados
Falta de representatividade
Así o entendía outro asociado na súa intervención
Jose Antonio Gómez presidente da Asociación
Asegura estar disposto a deixar o cargo se hai quen asuma a responsabilidade
Decisión da Xunda Directiva
O presidente pon o seu cargo a disposición do que decida a directiva

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará