Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación do libro Alejandro Otero: o heroe ausente na clausura do ano dedicado a súa figura

RR_Noticias

O multiusos da Xunqueira acolle o sábado 14 ás oito da tarde a clausura da exposición que durante as últimas semanas se puido visitar no Multiusos dentro das actividades organizadas dende a concellería de cultural co gallo do ano dedicado ao político e médico Redondelán. No acto presentarase ademais o libro biográfico Alejandro Otero: o heroe ausente e poderase gozar dun recital de canto e piano.

A Concellería de Cultura organiza o acto de clausura do Ano Alejandro Otero, que se celebrará como colofón áos actos desenvolvimos ao longo do ano vaise e no transcurso do cal vaise presentar o libro biográfico “Alejandro otero: o heroe ausente”. Un acto que contará coa presenza dos seus autores Enriqueta Barranco Castillo e Fernando Girón Irueste, profesores da Cátedra de Investigación Antonio Chamorro – Alejandro Otero da Universidade de Granada. Unha publicación que inclúe un prólogo do ilustre xornalista e sociólogo redondelán, Ignacio Ramonet.
O acto será completado cun concerto de voz e piano a cargo da mezzosoprano Nuria Lorenzo López e do pianista Carlos Enrique Pérez e é aberto a todo o que queira achegarse.
A conmemoración do Ano Alejandro Otero, que coincide co 125 aniversario do nacemento do médico e político redondelán, foi unha proposta aprobada pola comisión de cultura e posteriormente polo Pleno municipal, para homenaxear a este persoeiro redondelán.
Os actos de homenaxe comezaron o día 26 de xuño de 2013 cunha ofrenda floral na súa tumba, no cemiterio dos Eidos, á que seguiu a descuberta dunha placa na súa casa natal e finalmente a inauguración da Praza Alejandro Otero Fernández.
Durante este 2013 continuouse coa divulgación da súa figura con diferentes propostas: a colocación dun cubo con información biográfica diante da Casa do Concello, a súa biografía na edición da Axenda Escolar Redondelá do curso 2013-2014, e finalmente, o 31 de outubro de 2013 inaugurouse, no Multiusos da Xunqueira, a exposición monográfica sobre Alejandro Otero, na que colaboraron a Asociación Cultural Alejandro Otero e mais a Deputación de Pontevedra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará