O Multiusos da Xunqueira acolle este venres dúas funcións, ás 20:00 e as 22:00 horas con actuación das agrupacións A Rondalla de Redondela e o grupo Circo de Pulgas. O prezo das entradas é de 5 euros, cantidade que será entregada á Asociación de familiares de persoas con enfermidade mental Lenda.
O festival solidario a favor de Lenda terá lugar este venres día 20 e nesta ocasión actuarán dáus agrupación ben coñecidas na vila, A Rondalla de Redondela, integrada por 25 voces masculinas e o grupo Circo de Pulgas. Ante as previsións de que o auditorio se quedara pequeno para acoller a todo o público decidiron facer dúas funcións, a primeira ás 20:00 horas e a segunda ás dez da noite. As entradas, cuxo prezo é de 5 euros, pódense retirar xa en Lenda, no Café da Vila ou directamente no Multiusos da Xunqueira.