Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un menor por danos ao mobiliario urbano

RR_Noticias

O mozo, veciño de Chapela e de 16 anos de idade, causou importantes danos nunha marquesiña, nunha cabina telefónica e nu cartel luminoso publicitario nas inmediacións do Centro de Saúde da parroquia. Foi detido na madrugada de hoxe e podería ser condenado a realizar traballos para a comunidade ademais de restituír o danado.

Eran as 4:05 horas da madrugada de hoxe cando un veciño alertaba á policía local de que un mozo, vestido con pantalón de chándal e cazadora negra, estaba a lanzar pedras contra o mobiliario urbano situado fronte ao centro de saúde da parroquia de Chapela.
Unha vez no lugar os axentes comprobaron os danos causados e logo dunha pequena persecución puideron localizar e deter ao mozo, A.C.B. de 16 anos de idade e residente nas inmediacións. Interrogado polo acontecido o menor manifestou que “estaba cabreado a raíz dunha discusión coa súa moza”. Unha reacción que lle poderá saír moi cara xa que ademais de ter que restituír o danado podería ser condenado a unha sanción económica a maiores así como a realizar traballos para a comunidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará