Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Anova denuncia o incumprimento da ordenanza reguladora do uso do galego no Concello

RR_Noticias

Aseguran que algúns dos funcionarios xa non atenden á cidadanía na lingua galega, que moita da rotulación do Concello está en Castelán e que as empresas concesionarias dos servizos públicos ignoran e desprezan a ordenanza do galego. Por este motivo esixen ao goberno local que adopte as medidas necesarias para corrixir esa situación e demandan que o servizo de normalización lingüística do concello se limite a desenvolver as funcións que a propia ordenanza lle encomenda “xa que actualmente ten tarefas asignadas que lle impiden desenvolver as competencias para as que foi creado”.

A formación política asegura que o incumprimento da ordenanza do uso do galego comeza polo propio Concello xa que “algúns dos funcionarios xa non atenden á cidadanía na lingua propia tal e como indica a ordenanza” e engaden que moita da rotulación interior e exterior do Concello está en castelán. Critican tamén que o Servizo de Normalización teña tarefas asignadas “que lle impiden desenvolver as competencias para as que foi creado” e que teñan desaparecido os cursos de alfabetización de galego.
A maiores apunta que a sinaléctica viaria do Concello, de competencia municipal, está escrita incorrectamente en galego e outra en castelán e que as empresas concesionarias de servizos públicos “ignoran e desprezan a ordenanza do galego”, feito que levou a presentar varias “denuncias e queixas ante ó Servizo de Normalización, á Alcaldía e mesmo ó Valedor do Pobo”.
Acusan dende Anova ao goberno local de “incapacidade, desleixo e falla de sensibilidade” respecto desta cuestión, xa que malia ter denunciado esta situación en maio deste ano “o goberno municipal continúa sen cumprir nin facer cumprir a ordenanza reguladora do uso da lingua galega”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará