Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días para participar no II premio de Poesía Manuel Lueiro Rey

RR_Noticias

O Concello de Fornelos de Montes e a Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe convoca a II edición deste premio co obxectivo de honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega. O premio, cuxo prazo de presentación remata o 31 de decembro, está dotado con 2.500 euros.

Poden concorrer a este certame as persoas que o desexen cos seus poemas escritos en lingua galega. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres cunha extensión mínima de 500 versos e máximo de 800. Para participar deberanse enviar 4 exemplares da obra mecanografados sen remite identificador ao enderezo: II premio de poesía Manuel Lueiro Rei Concello de Fornelos de Montes Praza da Igrexa, 1 36847 Fornelos de montes (Pontevedra) Esta é a segunda edición dun premio que naceu co obxectivo de situar tamén o Concello de Fornelos no mundo da cultura e que logrou ademais unha importante aceptación na súa primeira convocatoria con máis de 40 traballos presentados sendo gañadora a viguesa Silvia Penas. A dotación do premio será de 2.500 euros e o nome do gañador darase a coñecer o día 8 de marzo do vindeiro ano. A obra premiada publicarase dentro da colección de poesía Manuel Lueiro Rei da Editorial Sotelo Blanco. O prazo de presentación de obras remata o 31 de decembro.  

Carmen Carreiro Asociación O Cruceiro da Laxe
Unha iniciativa que nace para situar ao Concello no mundo da cultura
Premios
Ademais de 2.500 euros a ora premiada será publicada pola Editorial Sotelo Blanco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará