Unha carpa instalada xa no Campo da Feira albergará a festa de fin de ano que por primeira vez organiza o Concello de Redondela. Dende a Concellería de Festas, Herminda Quelle explica que o obxectivo desta iniciativa é animar aos veciños a que queden na vila e evitar así que teñan que desprazarse en coche.
Malia que nun primeiro momento pensouse na posibilidade de instalar unha barras no interior da carpa, logo de falar cos hostaleiros descartaron a idea, polo que os asistentes a esta festa, amenizada pola Orquestra Ismael, non contarán coa posibilidade de consumir bebida algunhas no recinto. A Concelleira espera que esta iniciativa serva para animar aos veciños a saír pola vila e que casco urbano “retome o movemento que en datas coma esta había anos atrás”. Festa de Reis Por outra banda, dende este departamento están a traballar tamén na tradicional cabalgata de reis que terá lugar o domingo 5 ás 18:00 horas. Este ano repartiranse máis de 5.000 kilos de caramelos na cabalgata de reis que contará como en anos anteriores con catro carrozas que serán acompañadas polos pequenos. Os nenos terán tamén a oportunidade de falar con Melchor, Gaspar e Baltasar nun trono que se instalará na Casa do Concello unha vez rematado o percorrido da cabalgata.