Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos de Saxamonde piden o aguinaldo cos tradicionais Cantos de Reis

RR_Noticias

Na mañá do día do domingo 5 de xaneiro unha vintena de mozos percorrerán a parroquia pedindo o aguinaldo polas casa dos veciños. Confían na súa xenerosidade e tmaén en que o tempo os acompañe, en caso contrario a actividade desenvolverase no Centro Cultural Chan das Pipas.

A Asociación Cultural “Chan das Pipas” organiza un ano máis os Cantos de Reis para que mozos e mozas da parroquia pidan o aguinaldo o día 5 de xaneiro. O día de Reis é a primeira festa do ano e para celebralo, a Asociación Cultural Chan das Pipas de Saxamonde, como vén sendo tradición, organiza os Cantos de Reis.  Máis dunha vintena de mozos e mozas da parroquia entre os 2 e 13 anos de idade están a  ensaiar estes cantos durante os últimos días. Coplas como esta poderanse escoltar nas rúas de Saxamonde o vindeiro domingo “De lonxe viñemos/os que aquí chegamos/se nos dan licenza/os Reises cantamos”. Continúase pedindo o aguinaldo que nos tempos actuais consiste en cartos e lambonadas para os rapaces e licores para os maiores. No caso de que nalgunha non ofrezan nada, hai coplas específicas como aquela que di: “Cantámoslles aos Reises/do quiquiriquí/se non nos dan nada/cagámoslle aquí”. Os cativos e cativas tamén prepararon un baile de Reis que ofrecerán en cada casa.  

Os nenos cántanlle aos Reis
Unha demostración e directo do que se escoitará en Saxamonde o vindeiro domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará