Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cartas de amor desde o cárcere de San Simón

RR_Noticias

A Casa da Torre acolleu onte a presentación das misivas que un represaliado na San Simón lle enviaba á súa familia, en Cangas. Trátase de 40 cartas escritas por José Mejuto Bernárdez nos anos 1936 e 1937, antes de ser fusilado, e que foron doadas á Real Academia Galega pola súa neta, Ana Paula Mejuto, residente en Bos Aires.

O concelleiro de Cultura, Julio Alonso, foi o encargado de presentar este acto no que se deron a coñecer as cartas que a familia de Mejuto Bernárdez donou á Real Academia Galega. Alonso salientou a improtancia destas cartas, non só polo que relatan, senón tamén “polo contexto no que foron escritas”, nos anos 1936 e 1937. A chegada destas cartas á Real Academia Galega foi posible grazas á profesora Olivia Rodríguez, membro da RAG, que exerceu como intermediaria para que esta doazón prosperase. Rodríguez coñecera anos atrás en Bos Aires a unha neta do autor das misivas, Ana Paula Mejuto, que xa as publicara en formato libro. O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, celebrou a chegada a Galicia destes orixinais, que son “diferentes” a outras cartas de presos, porque lonxe de falar do drama que vive, escribe á súa familia “con amor”, describe San Simón como un “paraíso” e dende a prisión “anima” á súa muller e fillos, que despois da súa morte emigraron a Bos Aires. José Mejuto era un republicano de Cangas que non tiña responsabilidades políticas en partido algún, aínda si profesaba unha ideoloxía de esquerdas. O epistolario relata como acabou na cadea por vinganza persoal dun parente que o sinalou ata que isto lle supuxo a pena de morte. A súa neta pechou o acto coa lectura de varios pasaxes desas cartas, nas que este mecánico de Cangas falaba dos seus días na illa.  

Julio Alonso edil de Cultura
Alonso fala da imporancia destas cartas polo contexto no que foron escritas.
Xesús Alonso Montero presidente da RAG
Para Montero son unhas cartas diferentes porque falan de amor e esperanza.
Olivia Rodríguez membro da RAG
Esta mestra da Universidade da Coruña serviu de intermediaria para que as cartas chegaran a Galicia.
Ana Paula Mejuto neta do autor
A neta do represaliado leu algúns pasaxes das cartas de Mejuto Bernárdez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará