Os títulos de Bárbara Mutch e Jesús Carrasco foron os máis votados no concurso realizado polas bibliotecas ao longo do mes de decembro. Os lectores infantís premiaron os títulos “Locos por la ciencia” de Daniel Tatarsky e un cómic “Marieta. Los mundos de Naneta: camino de la escuela”. Esta elección de libro do ano leva aparellada un sorteo entre os participantes. Os gañadores foron Iria Domínguez Pazó, Soledad Chayán Freita, Laura Antón Rodríguez e Mª Carmen Rodríguez Riba.
Os lectores das bibliotecas municipais de Redondela elixiron “La hija de la criada” de Barbara Mutch e “Intemperie” de Jesús Carrasco, como mellores libros do ano 2013. Hai que recordar que os libreiros de Madrid xa elixiran Intemperie como a mellor obra de 2013, mentres que La hija de la criada é un deses casos de obras que afianzan o seu éxito no ” boca a boca” dos lectores.
Pola súa banda, os lectores infantís e xuvenís decantáronse por un libro de non ficción, “Locos por la ciencia” de Daniel Tatarsky e un cómic “Marieta. Los mundos de Naneta: camino de la escuela”, unha exitosa serie francesa da que se está a preparar unha serie de debuxos animados. O primeiro álbum desta serie foi nomeado como Mellor obra infantil e xuvenil no Festival de Angoulême.
Esta elección de libro do ano leva aparellada un sorteo entre os participantes. Os gañadores desta edición foron Iria Domínguez Pazó, Soledad Chayán Freita, Laura Antón Rodríguez e Mª Carmen Rodríguez Riba.
Peche das bibliotecas
Pro necesidades do servizo e de organización interna as bibliotecas de Chapela e Redondela non estarán abertas esta semana. No caso da biblioteca de Redondela o peche prolongarase tamén durante a xornada do luns día 13.