Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello cobrará unha taxa polo uso dos Multiusos e a Casa da Cultura

RR_Noticias

Están exentos do pago os eventos de carácter benéfico, cando as actividades se realicen a proposta, iniciativa ou en colaboración co Concello ou cando o uso dos edificios sexa solicitado polos grupos políticos, agrupacións de electores e sindicatos ou polas asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

A contía, segundo a ordenanza aprobada por unanimidade en pleno, dependerá do horario de apertura no que se solicite o uso destes edificios e afectará a aquelas entidades que realicen “actividades con ánimo de lucro ou nas que se cobre unha entrada ou cota por participar”. Así as tarifas a aplicar nos auditorios dos Multiusos de Redondela e Chapela será de 20 euros por hora durante o horario de apertura e 40 euros fora dese horario. No caso de solicitar o auditorio por unha xornada completa o prezo será de 100 euros. Por outra banda, solicitar as aulas dos Multiusos ou da Casa da cultura implica o pago de 7 euros en horario de apertura, 14 euros fora do horario e 80 euros en xornada completa. Establécese tamén unha cota de 15 euros diarios polo uso das salas de exposicións.  

Julio Alonso edil de cultura
O Concelleiro explica o motivo da normativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará