Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Son titiriteiro” un disco de músicas e monicreques

RR_Noticias

Un total de 19 grupos e cantautores de Redondela participaron na gravación dun CD que se porá a venda co gallo da XV edición do Festival Internacional de Títeres, que este ano se vai desenvolver do 19 ao 25 de maio. Todos os temas son orixinais, elaborados por cada un dos grupos participantes e xiran en torno ao mundo dos monicreques.

Retroblues, Circo de Pulgas, The Silence, RMS, Caramuxo Vermellos, Os Carambolos e María Fumaça, Alberto Vilas, Suso Ben… e así ata un total de 19 grupos son os que participan neste proxecto que nace no seo da organización do Festival Internacional de Títeres como xeito de conmemorar a décimo quinta edición do certame. Un longo proceso de producción que os levou a contactar coas diferentes agrupacións musicais que funcionan en Redondela ata chegar a gravación do disco, neste inicio do 2014 no local de Ensaio do Concello. Malia as dificultades iniciais e algún contratempo de última hora, os organizadores amósanse plenamente satisfeitos co resultado que chegan incluso a definir como “mellor do esperado” en palabras de Varo Gil. Un disco que se porá a venda nos días do festival e que de seguro asombrará a máis de un, porque aínda que todos os temas teñan como temática común o mundo dos monicreques e os títeres, serán versións que abarcarán todos os estilos, folk, rock, heavy ou pop. E para mostra, unha canción que interpretaba en directo nos nosos micrófonos Pedro Pérez.  

Fon Conde Xente Titiriteira
Un disco para celebrar os 15 anos do festival
Varo Gil músico
Un longo traballo que da como resultado un disco de "moito nivel"
Pedro Pérez músico
Interpreta un dos temas inluidos no disco Son titriteiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará