A Asociación de afectados pola autoestrada AP-9 conmemora o seu quinto aniversario coa publicación dunha revista de carácter informativo no que poden colaborar todos os que desexen. Con contidos variados, a publicación nace con intención de continuidade. A súa presentación será o venres 17 ás 20:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela.
Na primeira edición da revista, que verá a luz este venres nun acto aberto que se celebrará ás 20:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego, dan conta das últimas noticias que afectan a parroquia facendo ademais un repaso de parte do traballo desenvolvido pola asociación ao longo do pasado ano. Hai tamén oco para outros contidos, con seccións de crítica, cultura, música, natureza e cociña ademais de votar unha ollada ao pasado na sección “cando os avós eran nenos”. Para o financiamento da revista contan coa colaboración dos comerciantes que a través da publicidade financian o 40% do custe total mentres que o 60% restante é sufragado pola propia asociación. Ademias, aínda que se repartirá de xeito gratuíto entre todos os veciños piden un donativo voluntario de 50 céntimos para asegurar así a viabilidade económica do proxecto. A Asociación fai un chamamento a todas as persoas interesadas en colaborar ben con artigos ou con publicidade, a poñerse en contacto con eles no teléfono 633719550.