Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela fútbol sala remata a primeira volta cunha nova vitoria

RR_Noticias

O Redondela venceu no último encontro da primeira volta por 3-5 a un combativo Cafetería Lúar, que en ningún momento lle puxo as cousas doadas. Os de Juio Mougán atópanse no terceiro posto da clasificación, unha posición que deberán defender na vindeira semana ante o seu rival máis inmediato, o Mos, cuarto da táboa.

Viviuse no Municipal de Ponteareas Álvaro Pino un deses partidos que fan afección. O redondela saiu dende os primeiros segundos a marcar o ritmo do encontro pero os de Ponteareas respondían con rápidas transicións e accións de pívot. Os goles faríanse de rogar, pero Juan por partida dobre case chegando o descanso, poñía aos seus en situación de vantaxe. No segundo tempo, o Lúar reduciría diferencias. Co 1-2 no marcador viviríase un dos momentos máis emocionantes do partido: os árbitros decretan un penalti na área redondelana, hai cambio de porteiro, e Naka saíndo do banquiño realiza unha excelente intervención e despexa o esférico. Pouco despois, Portillo e Manoliño por partida dobre porían terra de por medio cun claro 1-5. Nos minutos finais, os locais lograrían dous tantos para o definitivo 3-5.
A vitoria desta fin de semana serve para poñer o broche de ouro a unha magnífica primeira volta na que o equipo de Redondela perdeu tan só un partido dos 15 disputados. Uns resultados que os sitúan na terceira posición da Liga Galega Autonómica, situación que deberán defender ante o seu inmediato perseguidor, o Mos. Un partido que se disputará o sábado 18 no concello veciño.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará