Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Salamatu ou a poesía do cotián

RR_Noticias

Através Editora ven de presentar en Redondela o novo poemario de Thalámas Salamatu baixo o título de “Prédios”. Un conxunto de textos nos que o autor reflexiona sobre o cotián. No acto presentación, que tivo lugar na Casa da Torre, participou ademais do autor o profesor da Universidade da Coruña, Roberto Samartin e Xemma Tedín en representación da editorial.

Thalámas Salamatu explora en Prédios os espazos polos que descorre a vida cotiá de calquera persoa, as pequenas e grandes accións, lembranzas, sensacións, encontros, afectos, medos que forman as nosas xeografías particulares. Así o explicaba dende Através Editora Xemma Tedín quen engadía que poema a poema o autor percorre eses momentos que a diario vivimos case todos nós. O profesor Roberto Samartín salientaba no acto presentación o feito de que se trate tamén dun libro “onde hai moito de literatura mural” e no que imos atopar tamén moita memoria de Redondela. Non en van Salamatu é autor tamén de pintadas como a que durante anos se puido ler na rúa Meixón Frío e que dicía aquilo de “Quen nos roubou o outono dos montes galegos?” Thalamas Salamatu explicaba que este libro, escrito no 2010 malia que sexa agora cando sae á luz, pode ter tamén unha lectura vencellada aos tempos actuais nos que se constata “unha derrota das clases obreiras e da cultura do proletariado”.    

Xemma Tedín Através Editora
Un poemario do cotián
Roberto Samartín profesor da Universidade da Coruña
Un libro no que hai moito de literatura mural
Thalamas Salamatu autor
Historia tamén do fracaso da sociedade da sociedade do proletariado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará