Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Rondalla de Redondela recupera a banda sonora das festas populares dos 50

RR_Noticias

A Rondalla recompila no seu primeiro disco un total de once cancións que entre os anos 1953 e 1954 cantaba a Agrupación Artística de Redondela. Cancións que naqueles anos se escoitaban en tabernas, comidas de festas, reunións familiares e de amigos e en toda aquela ocasión na que algo había que celebrar. O disco que leva por título “Cantares 1953-54”  preséntase este venres día 17 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.

En total son 39 os homes participantes nesta agrupación que naceu xa hai catro anos e que reúne nas súas filas xente do máis dispar, non só en idade senón tamén en coñecementos musicais, baixo a dirección de José Manuel Xesteira. Entre todos realizaron un arduo traballo que consistiu en reconstruír cancións, adaptalas a novas instrumentación e refacer aquelas pezas, cantadas por xente de agora, sen que perderan aquel vello xeito que perdura na memoria. Para facer ese traballo contaron tamén co apoio de Manuel Pazos e Pepe Ferreira, dous membros da Rondalla que 60 anos atrás formaron parte da Agrupación Artística de Redondela.   O obxectivo deste disco é, segundo explican dende a Rondalla, “ser unha ponte entre aquela xente da década dos 50 e os nosos días, ao tempo que volver gozar do pracer de cantar en grupo”. Mi tierra de amor, Parisina, Españolita, Machicha dedicada a Galicia ou Veneciana son algúns dos temas musicais incluídos neste disco e dos que non existía arquivo sonoro algún.  “Cantares 1953-54”, gravado integramente en Redondela e por xente de Redondela,  preséntase este venres día 17 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira. A entrada para asistir a este concerto presentación é gratuíta e as invitacións poden retirarse no Café da Vila. O disco pódese adquirir ao módico prezo de 5 euros.  

José Angel Xesteira director da Rondalla
Unha agrupación de voces masculinas
Traballo de recuperación
Un disco con once temas dos que non existía memoria sonora
Agrupación Artística
Dous membros da antiga agrupación forman parte actualmente da Rondalla

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará