Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Doce colectivos repártense as axudas para a realización de actividades de igualdade

RR_Noticias

O Centro cultural de Cedeira recibe a subvención de maior contía das concedidas pola Concellería da Muller. 1.120 euros pola realización de cursos de educación física e mantemento. Cantidade un chisquiño inferior, 1.027 euros reciben as asociacións de veciños de Santo Estevo de Negros, a asociación cultural e social de Chapela e o centro cultural de Trasmañó quen apostaron por actividades tan diversas como iniciación ao tiro con arco, manualidades ou a realización dun taller de formación e orientación laboral.

Outras actividades que contarán con achega municipal son os cursos de corte e confección impartidos polo centro cultural deportivos de Cesantes, a ludoteca desenvolvida pola asociación de veciños de Trasmañó ou as actividades realizadas pola Asociación Maimiña co gallo da Semana Mundial da Lactancia materna.
Outras asociacións apostaron pro actividades máis relacionadas coa saúde e o exercicio como o taichi en Cidadelle ou a ximnasia en Cabeiro.
Á hora de outorgar estas subvencións, ás que o departamento de Muller destina 10.000 euros, téñense en conta entre outras cuestións o número de participantes e valórase ademais que as actividades sirvan para promover a igualdade real e efectiva de mulleres e home en todos os ámbitos así como que favorezan a conciliación e a corresponsabilidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará