Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sete feridos leves logo de perder o control o condutor dun autobús da liña Redondela-Vigo

RR_Noticias

O vehículo, que circulaba por Teis en dirección a Chapela, percorreu 50 metros sen control logo de que o condutor se marease. Primeiro chocou contra uns colectores e posteriormente contra un vehículo estacionado. O sinistro producíase ás 18:40 horas da tarde de onte e provocou un importante colapso de tráfico na zona.

Un peón, cinco viaxeiros e o propio condutor do autobús que facía a liña Vigo- Redondela resultaron feridos de carácter leve no accidente que se producía na tarde de onte en Teis. O sinistro produciuse logo de que o vehículo superase o semáforo do cruce de Bos Aires. Segundo información da empresa Autos González, o condutor sufriu un pequeno esvaecemento que fixo que perdera o control dío vehículo que se desprazou uns 50 metros sen control colidindo contra varios colectores e contra un turismo estacionado.
O feridos foron trasladados con diferentes contusións de carácter leve a centros hospitalarios vigueses. O accidente provocou un importante colapso de tráfico na zona xa que foi necesario cortar a circulación na Avenida de Galicia en dirección a Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará