O acto, organizado por Anova Redondela contará coa participación da deputada por este partido Chelo Martínez, a traballadora social Patricia Torrado e a experta en xestión de servizos sociais Chus Lago. A charla coloquio desenvolverase hoxe venres ás 20:30 horas na Casa da Cultura.
Anova organiza esta charla-coloquio na que se abordará a necesidade de contar cuns Servizos Sociais municipais que dean resposta á grave situación socioeconómica que padece a poboación “afectada polas políticas ultraliberais centradas na destrución do público”. Entenden desde esta formación política que a aprobación da Lei para a Reforma da Administración Local supón un grave ataque ás políticas que dende os Concellos se poderían desenvolver para dar pulo a inclusión social “ao primar o meramente economicista e baleirando o papel dos Servizos Sociais”.
Por ese motivo consideran necesario abrir vías de debate sobre o papel das políticas municipais como factor de cohesión social que dean resposta a ese 25% da poboación galega (700.000 persoas) que segundo os últimos estudos se atopan en risco de
exclusión social. Redondela con case 3.000 persoas desempregadas, non escapa desta tendencia.
O acto do venres contará coa participación da traballadora social Patricia Torrado, a
Experta en Planificación e Xestión de Servizos Sociais Chus Lago e a deputada de Anova no parlamento galego Chelo Martínez.