Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cándido Pazó, mestre de cerimonias na III gala do comercio de Redondela

RR_Noticias

O multiusos da Xunqueira acolle este venres ás 20:30h celebrase a Gala do comercio de Redondela na que se fará entrega dos premios da campaña de Nadal e o sorteo dun vale de compra de 1.000€, que se converterá en 1.500 euros no caso de que o premiado estea presente. A gala, con entrada de balde, estará guiada por Candido Pazó.

O elixido como condutor desta gala é o actor e contador de historias Cándido Pazó quen porá o toque de humor cun monologo con sinatura propia polo que a gala resultará unha atractiva opción de ocio para a noite do venres. A entrada é de balde ata completar aforo. Ao longo da gala ademais de facer entrega dos case corenta premiados con cheque de 50, 100 e 200€ realizarase o esperado sorteo do gran cheque de 1.000€ que se poderá transformar en 1.500€ se o premiado está na sala. As persoas que o desexen poderán representar a outras, familiares ou amigos acudindo a gala coa fotocopia do DNI dos seus familiares. Unha cita que a Asociación de empresarios organiza nun momento no que está mergullada ademais no proceso de elección do seu novo presidente, logo de que José  Antonio Gómez presentara a súa dimisión a raíz do polémico proxecto de urbanización de Canabal. Ata o vindeiro 31 de xaneiros pódense presentar candidaturas para presidir este colectivo empresarial. No caso de que non se presente ninguén os estatutos establecen que na asemblea xeral prevista para as votacións, o día 6 de febreiro, se procedería á proclamación de candidaturas que se determinaría entre os asistentes.  

Julia Alonso Asociación de empresarios
Unha gala que celebra xa a súa terceira edición
Eleccións á presidencia
Polo de agora non se presentou ningunha candidatura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará