Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Cidadelle reclaman a mellora dos accesos ao barrio

RR_Noticias

O alcalde, Javier Bas e o concelleiro de tráfico, Arturo González, reuniranse cos veciños o mércores 7 de febreiro a petición da Asociación de Veciños para explicar en que fase se atopa o proxecto que contempla a construcción dun novo vial que daría acceso ao barrio.

Mellorar os accesos ao barrio de Cidadelle, na zona alta da parroquia de Chapela, é dende hai dúas décadas unha demanda recorrente por parte dos seus residentes. Logo de 20 anos de espera, anuncian que sairán á rúa no caso de que non se acometa a construcción dun novo acceso ao barrio dende a Avenida de Redondela A presidenta da Asociación de Veciños explicaba nos micrófonos da radio municipal que a día de hoxe o único acceso existente “é un auténtico funil para os vehículos que acceden a el dende a Avenida de Redondela” e engade que tamén para os peóns é un perigo o vial por carecer de beirarrúas. Por eses motivos entende imprescindible que se acometa a construcción do novo acceso, uns metros máis adiante, o que facilitaría a circulación de peóns e vehículos. As últimas informacións coas que contan na asociacións en torno a este asunto “hai case un ano foi que os papeis estaban en Santiago”. Logo de meses de espera solicitaron unha reunión co alcalde e o concelleiro de tráfico para que dean explicacións de primeira mana os veciños. A reunión celebrarase o día 7 de febreiro logo de que os responsables municipais confirmasen a súa asistencia. Dende o goberno local recoñecen a importancia desta obra e explican que os atrasos responden á falta de acordo cos veciños para a cesión dos terreos necesarios o que obrigou a recorrer a un proxecto de expropiación que se atopa pendente de resolución.  

Anxeles Méndez AVV Chapela
Explica os problemas dos accesos ao barrio de Cidadelle
Reunión o 7 de febreiro
Os responsables do goberno local confirmaron a asistencia á reunión cos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará